Concha e Taracido regresan a Portozás. Concha volveu con Taracido porque lle dixo que ía morrer. Todo o pobo sabe a enfermidade e trátao coma un rei. Descubren que o da enfermidade é mentira. Taracido descúlpase, Concha perdónao e queda con el en Portozás. María deixa que Concha faga o seu traxe de noiva porque lle da pena o que lle pasa con Taracido e que ademais non teña traballo. Concha descubre que María non quere o traxe, que o fixo por facerlle un favor. Manda a Taracido tiralo. María ríñelle a Concha porque atopou o seu vestido nunha tenda de Cormelle, gustoulle moito e quedou con el. Lou roubou numerosos obxectos da casa de Taracido para financia-la escritura dunha nova novela. Taracido denuncia a Lou, pero cando o pillan e confesa o que fixo Taracido non é capaz de continuar coa denuncia.