A Petróleo dalle un ataque de histeria e agresividade. Carlos consegue calmalo con clases de Tai Chi e o volve excesivamente tranquilo. A histeria pasa a Belinda e só desaparece cando Petróleo recupera o seu carácter habitual. Laura ponse celosa cando Fito chega con Isabel porque pensa que namorou do seu mozo. Fito tamén o cre, decídese a falar coa profe e todo o mundo escoita a súa conversa na que trata a Laura de "mingurria" pola radio. Laura enfádase moito e deixa a Fito. O rapaz recupera á súa moza mediante unha declaración pública na radio, da súa torpeza e do moito que quera a Lauriña.