Helena queda en Portozás pola morte do tío Tobías. Todo o mundo acode ó velorio sen crer que Tobías estea realmente morto. Levan varios sustos coa resurrección de Tobías, e desgustos, xa que Helena pensa que o vello non a quería. Todo se resolve, Tobías está realmente morto. Ademais no testamento confesa que quería moito a Helena, e tamén ó seu pai aínda que non se falasen, así que quere descansar xunto a él. Mangui está deprimido. As cousas con Aúrea non van ben, ademais ninguén ten tempo para escoita-los seus problemas. A única que se decata da tristeza do rapaz é Helena que lle axuda a sentirse algo mellor ó escoitalo. Rosa sinte celos de Helena. Enfádase con Carlos porque a soltou cando viron a Helena pero remata decatándose da sorte que ten e que o de Helena forma parte do pasado.