Os comezos da lonxa virtual son moi malos. Barcos e compradores marchan do pobo pola inactividade da lonxa e os que quedan queren marchar. A tecnoloxía da resultados e todo volta á normalidade gracias á poxa por internet. Fito chega moi contento da Coruña. Está máis responsable e culto, todo gracias a Isabel (unha profe). Isabel chega de visita a Portozás e Laura ve á rapaza coma unha ameaza. Isabel bica a Fito sen querer e ambos quedan confundidos. Pitusa está preocupada polo trato que recibe Manolo e quere darlle celos a Loli, Manolo ten medo de que Loli se enfade. Pitusa consegue o que quería e Loli modera a súa actitude.