É tempo de eleccións en Portozás. Ambos candidatos comezan coa campaña. Petróleo e Vanessa acoden a un debate que resulta vergoñoso pola coincidencia entre as campañas e a amabilidade entre os candidatos. Reúnense e deciden deixar claras as súas diferencias, amosándoas nun novo debate. Tralo día de reflexión, o reconto de votos dalle a victoria a Vanessa, pero Sabela decátase dun erro e nun novo reconto sae vencedor Petróleo por un voto de diferencia. Loli métese con Pitusa dicíndolle que parece xemelga de Sabela. O comentario provoca unha discusión entre Sabela e Pitusa polas eleccións có que cada unha decide apoiar a un candidato e se-la súa interventora. O enfado desaparece coa alegría de que sexa Petróleo o alcalde. María e Petróleo discuten por compartir todo, ata o voto, xa que Viriato non quere levarlle a contraria á súa moza. Vanessa descubre unhas botellas no porto e manda ó Seprona limpa-lo mar. Manolo decátase de que é unha forma de agochar nasas ilegais que ideou Suso,