Pitusa tense que ausentar uns días e pídelle a Carlos e Rosa que queden ó coidado de Sabela, debido o seu sonambulismo. Para que Sabela non sospeite dínlle que están a fumiga-la caravana. Chega a noite e Sabela nos seus soños pensa que é unha princesa e vai seduci-lo príncipe "Carlos". Rosa evita que se achegue a este, pero cando quedan durmidos, Sabela decide face-la cea do día seguinte. Cando se levantan, Chipirón, o gato non aparece por ningures e no forno descubren que Sabela preparara un asado que semella un coello. Durante a cea, estando a saborea-lo asado, Sabela descubre no seu prato un cascabel. Vai mirar ó lixo e descubre os restos dun gato morto. Van todos directos ó baño. Sabela inconsciente do seu sonambulismo, acusa a Carlos e Rosa do acontecido. Chega Pitusa e aclárao todo. Cando máis triste está Sabela, aparece Chipirón. Pouco despois, unha veciña pregunta polo seu gato que hai varios días que non o ve.