Suso Maroto volve a recupera-la súa vida con María e máis con Iria; Andrés pola súa parte, decide marchar para A Coruña. Mentres tanto, Berta recibe a esperada orde do seu traslado. Agora xa cambiou de opinión e pensa na posibilidade de quedar, sobre todo por Petróleo, pero él non se atreve a pedirllo. Cando parece que xa non hai volta atrás pola cobardía de Petróleo, Berta decide, non último momento, quedar en Portozás. Andrés volve a súa vida en A Coruña e Mónica vaino buscar. Ó final, recibe unha chamada de María para que volva a Portozás. Sucedeu algo con Suso.