Brais sufre afonía e chama a Santi, un amigo seu para que o substitúa. Santi ademais dun bó profesional, goza de certa popularidade entre o sector feminino da vila.
A Portozás chega tamén Vanesa, a nova alcaldesa en funcións "moi refinada" nos seus costumes non é capaz de conectar coa xente da vila. Decide dar un discurso na tele local, pero Fito mentres Vanesa fala, enfócalle onde non debe. Vanesa enfádase e implanta un decálogo de normas para os empregados do Concello, entre outras: usar garabata. Todos enfádanse moito e como protesta, Santi, o locutor, fai o programa de radio con garavata pero totalmente espido. Para colmo, no Concello tampouco van moi ben as cousas. Nótase que Vanesa é novata e non é capaz de solucionar ningún dos problemas da política local.
Farta da actitude popular, Vanesa decide ensañarse con Santi e leva ó garda civil para que deteña ó locutor. No medio dunha discusión, Santi espósase a Vanesa e os dous acabarán liándose diante do garda civil que queda atón