Belinda e Rosa están moi celosas debido a que Petróleo e Carlos non fan máis ca falar de mozas. Comentan coas súas amigas o insoportables que se están poñendo, así que deciden darlles un escarmento. Sabela chamará a Petróleo finxindo un erro ó marcar o teléfono e comezará a coquetear con el. Non tarda en sumar a Carlos ó compromiso, que tamén coqueteará coa "descoñecida". Sabela consegue convencelos para quedar na discoteca, deben ir vestidos dun xeito ridículo. Cando os dous se presentan na discoteca, as mulleres rinse deles e descubrirán o enredo. Despois dunha severa bronca, todos acabarán de festa. Fito non se fala con Lois, Laura e tampouco con Iria. Pero Fito e Lois liman as súas diferencias e acaban bailando en calzóns na discoteca. Iria e Laura son pechadas por María no Concello ata que fan as paces. Fito e Laura volven sair xuntos. Viriato está desfeito porque María non lle fai caso e acaba contándolle as súas penas a Couto que o comprende ó sentirse só pola ausencia de Cel