Belinda e Petróleo intercambian un agasallo, ela mercáralle un peixe tropical, mentres el lle regala un libro de cociña. Pero ó peixe lle dan unha especie de espasmos que lle fan crer a Petróleo que está morto, polo que ten que agochalo de seguido para que Belinda non o descubra. Mentres, Belinda co libro fai unhas galletas da sorte coas que reparte pola vila sentencias moi apropiadas. Ramón está decidido a facer pública a súa relación con Celia. Esta sen embargo está algo tensa e acaba aceptando a oferta para traballar no Cotarco en Santiago. Couto anímaa e dílle que a irá ver a Santiago. Carlos e Rosa deciden ir á discoteca, onde tamén están Laura, Lois e Iria. Fito decidira non ir o que provocou o enfado con Laura. Laura ten un momento de debilidade e acaba bicando a Lois. O incidente é observado por Rosa e Carlos que confunde a Lois con Fito. O día seguinte Carlos comete unha indiscrección que descubre a Fito o que acontecera. Cando de novo volven á discoteca, Fito tómase a reva