Don Vicente, o cura de Portozás, está estresado xa que debido á falta de vocacións tense que encargar das misas de moitas parroquias. Intentará convencer a Fito para que lle faga de acólito, pero éste consegue zafarse e pásallo a Lois que acaba aceptando pensando nunha compensación económica que non existe. Por si fora pouco, nun control de alcoholemia don Vicente da positivo e quítanlle o carnet. Párroco e acólito vense obrigados a facer autostop, viaxar no camión das bombonas, en bicicleta, cos de protección civil, ata que don Vicente vese obrigado a da-la misa por televisión. A medida non acaba de gustarlle cando ve como lle poñen publicidade na misa. Sen embargo, o garda civil que lle quitara o carnet, cede ás presións da súa nai e leva el mesmo ó párroco a celebra-las misas.
Brais, Fito e Laura vense obrigados a buscar un asesor do tempo para predeci-la metereoloxía local. Recorren a Melgacho, ó galo do tempo da tía Visitas, e a algún ca outro meigallo. Outro dos problemas do esp