Para engana-lo seu socio, Viriato invéntase unha historia na que lle conta a Odilo que chegaron subvencións para investir na Corporación. Odilo, sen motivo para desconfiar pérdese por cobiza e está decidido a levar a cabo unha nova estafa. El máis Viriato deciden devolve-los cartos, e finxir que todo foi unha equivocación para poderse levar todo o diñeiro da vila ademais das subvencións. Cando están a piques de devolver á vila o diñeiro estafado, Odilo dase conta de que se trata dun timo e non entrega a clave de acceso á conta bancaria onde están os cartos. Petróleo entra en xogo e cunha pistola de fogueo, finxe matar a Viriato. Odilo, asustado decide entrega-la clave e marcha correndo. Cando todo Portozás está a celebra-la resolución do caso, aparece o garda civil que investiga o caso, e sorprende a Viriato coa pistola de fogueo, polo que vai cara el e agrédeo. Viriato, farto de tódolos golpes recibidos, devólvelle a agresión á garda civil. Con este feito remata de cont