Todo Portozás está brindando pola inversión que acaban de facer. Portozás vaise converter nunha vila famosa. Todos menos a tía Visitas, que tivo unha visión dun desastre e non pode parar de chorar. Anselmo vai vela pero non sabe que lle pasa. Mangüi, Laura e Fito comezan a preocuparse porque saben que algo terrible se aveciña. No Concello tamén están moi felices pero María descubre un problema, cando quere acceder á conta bancaria onde están os cartos non pode. Chaman ao banco e coñecen a fatídica noticia, Telemark xa non existe, e non saben onde están os cartos. Viriato e Odilo brindan pola súa victoria e cítanse nas illas Caimán para vivir sen dar golpe o resto das súas vidas. A noticia fai que todo Portozás se poña en contra de María: pensan que é unha estafadora porque ela foi a única que non perdeu nada. Ademais xente da vila está arruinada. Rosa tamén é repudiada, pois os mariñeiros quedaron sen os fondos da Confraría. Carlos decide saír da caravana e marchar con Rosa fóra de P