O informe do psiquiátrico de Carlos, chegou a Portozás e a xente da vila está moi preocupada. A psiquiatra afirma que o ex-xuíz ten tendencias suicidas e todo o mundo está a vixialo. Finalmente aclárase que a quen veu a psiquiatra foi a Taracido e non a Carlos polo que todos quedan algo máis tranquilos.
Por outra banda, Rosa e Melgacho van aos polbos. Ao vello detéñeo porque non ten licencia para os polbos, só pode facer pesca deportiva. Como sanción, Sabela ordena que Melgacho lle ensine a Rosa todo o que sabe sobre a pesca.
Suso, pola súa banda tamén ten moitos problemas. Anda buscando traballo e non atopa nada. Pídelle axuda a María pero non consegue empregar ao mariñeiro. Rosa intenta convencer a Suso de que saque o título de Patrón de Embarcacións de Recreo. Suso non sabe que facer e decide ir xogar ás cartas con Ramón.
