Ramón quere facer unha urbanización no Monte da Moura, sen embargo o permiso de obras depende da lei de costas. Para ver se é posible levar a cabo o proxecto, Carlos e Viriato encárganse de asesorar a Ramón e a Celia. A lei é ben clara: pódese obrar detrás da liña imaxinaria que hai 250 metros máis lonxe do lugar onde caeu unha onda no maior temporal que pasou por Portozás. Celia vai ao xulgado para ver se hai algunha testemuña daquel temporal. O único que o viviu foi Melgacho que naquel tempo era mozo de Celia. Por outra parte, Laura quere que Fito e máis ela avancen na súa relación. Para conseguir tal "avance", o flamante realizador da televisión de Portozás pídelle a casa a Mangüi para que poidan ter intimidade. Fito prepara o ambiente con música e incenso; cando os dous están medios espidos e cubertos cunha manta chega Áurea e cháfalles o plan. Petróleo pensa que Carmiña é superdotada e lévaa ao medico. Finalmente, chega á conclusión de que ser superdotado non é nada bó, e decide