Iria e María están a pasar por un mal momento, tanto que María pégalle unha labazada á nena, e ésta vaise. María vai a buscala e pídelle consello ós seus amigos. Será Viriato quen a console ante a desesperación de Iria. Viriato segue co seu xogo a dúas bandas e flirtea con Paula. Van de ceaxuntos, saen a pasear,... todos comentan que están xuntos. Viriato deixaraa cando ela está máis namorada.
Couto tenta elimina-la cláusula dos 25 millóns de Viriato coa axuda de Carlos. Ábrese a veda do Con Negro, e Currás e Taracido apostan a ver quen collerá máis percebes. Taracido irá preparado con arneses, casco... tal e como aprendeu no cursiño e Currás burlarase del, aínda que gracias a iso, Taracido salvaralle a vida. Pero o día seguinte será Curras o que lle teña que devolve-lo favor, xa que Taracido queda prendido cos arneses entre as rochas. Cando por fín o salva, ven un golpe de mar e Currás desaparece.