Currás anda á caza dun xabarín que lle está a estragar a horta. Cando por fin o animal cae na trampa, Currás non é quen de matalo, así que decide quedar con el e coidalo o mellor que poida. Taracido, cando o ve, asústase e vai denunciar a Currás por intento de asasinato. María e Andrés seguen a pasar pola súa crise xa que cada vez falan menos. Ademais é o aniversario de Iria e Andrés non vai poder ir, a pesar de terllo prometido. Viriato achégase máis a María e lévalle un regalo a Iria. Couto está moi enfadado con Viriato e con Paula, xa que a súa filla aceptou unha cláusula no contrato de Viriato na que en caso de despido terán que pagarlle 25 millóns. Fito decide abandoar a idea da plataforma a causa do que sinte por Laura.