Curras vai ata o faro de Vilán e o fareiro cóntalle que lle encanta o seu traballo, pero que a súa muller está a dar a luz e non ten quen o substitúa. Currás ofrécese, e pouco despois desencadéase unha treboada que deixa o faro sen luz. No mar está "O Cazador", coa radiobaliza avariada, e as vidas dos tripulantes dependen do faro e de Currás. Carlos anda preocupado xa que vai vir a Portozás unha psiquiatra a confirmar a súa baixa. Pero a psiquiatra confundirá a Carlos con Taracido. Fito quere deixar os estudios e apuntarse a unha plataforma petrolífera.