Andrés Maroto, irmán do marido de María e coñecida ovella negra da familia, aparece en Portozás co ánimo de facerse con algunha das propiedades do seu irmán desaparecido. María teme ter que se enfrontar a él nunha loita legal. No bar, Petróleo instala un karaoke. Currás, o percebeiro, afecciónase de tal xeito ó micrófono que non hai quen o saque do bar. Mentres, D. Amancio, o cura, ten un enfrontamento particular co párroco de Cormelle, a vila veciña. D. Amancio leva anos intentando darlle lustre musical ás súas misas, pero é incapaz de xuntar un coro decente. Tras varios intentos, consegue que Andrés, acceda a cantar na misa do domingo, pero a actuación do xuíz resultadesastrosa. Andrés Maroto, instalado na casa de María, compórtase cada vez de xeito máis desagradable. Despois dun encontro no bar no que o xuíz e Maroto case chegan ás mans, o cuñado decide abandona-la vila. Pero antes de marchar solta unha última ponzoña: dille a María que Suso, o seu home, pode estar con vida. As tr