Todo é sixilo en Portozás á hora de falar do novo banco de pesca atopado por Petróleo e Mangüi, para que non se enteren os de Cormelle, xa que, segundo di Melgacho, ese caladoiro xa fora descuberto polos da vila rival hai moitos anos.  Doutro lado, Currás, que non ten nin sequera onde pasar a noite despois de que Ladislao perdera os seus cartos, acepta as desculpas do avogado e tamén a invitación que lle fai para instalarse provisionalmente na casa dos Couto. Currás, que non sabe se contarlle a Pitusa t...