A Portozás chegará de incógnito para pasar uns días unha rica herdeira, filla dun multimillonario emigrante galego, sen sospeitar que terminará sendo a protagonista, xunto con Mangüi, dunha romántica historia de amor.  O corazón de Pitusa non para de darlle voltas, e fala con Helena e con Carlos para convencerse se está realmente namorada de Anselmo, mentres que Currás segue a chamala desde Canarias sen que ela o saiba.