Na función desta noite, gravada no Auditorio Gustavo Freire de Lugo, completan o elenco liderado por Lucía Regueiro os actores Santi Romay, Carmen Méndez, Eva Iglesias, Pedro Brandariz, Marita Martínez, Duarte Galbán, Cristina Andrade e Martín Espantoso.  Baixo o título de “Toxos e flores”, os espectadores coñecerán a profesión de ladrón, asistirán a unha rodaxe de película e sorprenderanse cunha paciente sen orella máis preocupada polas análises do seu home que polo seu propio accidente.  Historias representadas: "O marido da paciente" "Que me pasa doutor" "Estraños nun tren" "Fondo de armario" "A bicicleta da ciencia" "Veciños no xulgado" "Unha de medo" "O que diga o xefe" "Rodaxe de película con secundario ao fondo"