Desde o Auditorio Municipal de Vilalba, con Manuel Manquiña e o actor local Iván Edrosa como convidados, “Malo será!” chega ao corazón da Terra Chá co programa titulado “Por eso o meu carro canta”. Un boxeador recibe as visitas inesperadas da súa muller cun notario e da súa nai cun cura, mentres se prepara para, o que asemella ser, o seu combate final. Asistimos tamén á consulta dunha paciente preocupada pola súa virxindade e á insistencia dunha Cleopatra desexosa de pasar os seus últimos momentos co seu soldado.  Títulos das historias que se representan: - Antes do combate final - A comisión de festas - Un romance demasiado rápido - Os últimos momentos de Cleopatra - Claro e directo - Un problema coa virxinidade - Xián ou Xiana - Calvo contra calvo - Roubo na igrexa