“Malo será!” chega a Noia coas súas hilarantes propostas de comedia, desenvolvidas nos grandes teatros de Galicia.  Desde o Teatro Coliseo Noela de Noia, o elenco de sete actrices e actores da TVG habituais de “Malo será!” conta coa colaboración especial de Eva Iglesias, Pepo Suevos, Cristian Escuredo, Martín Vázquez e Martín Espantoso. A presentadora Lucía Regueiro está acompañada, amais, por Federico Pérez, Marcos Pereiro, Isabel Blanco, Lucía Veiga, Oswaldo Digón e Sabela Hermida. Neste percorrido de teatro en teatro, coma en cada emisión, súmase unha banda de música en directo e unha vistosa escenografía. Títulos das historias que se representan: - Un fenómeno difícil de explicar - Un día na tele - O Conexo Alegre - O renacido - O catastro - A comilona tiña un prezo - Víctor ou Victoria - Un problema dental - Refuxio de animais - O funeral equivocado