Neste programa, gravado no Auditorio Municipal de Rianxo e titulado 'Descalza pola area', o noso elenco habitual (Marcos Pereiro, Federico Pérez, Oswaldo Digón, Evaristo Calvo, Cristina Andrade, Susana Sampedro, Lucía Veiga e Marita Martínez) vese reforzado coa colaboración especial do actor David Perdomo. Os espectadores serán testemuña dun envelenamento; da visita da morte e ata da desactivación dunha bomba colocada frente ao Concello de Rianxo. Nesta ocasión, ademais, David Perdomo e Susana Sampedro vístense de mariachis para interpretar 'O corrido de Lito'.