‘Malo Será!’, o programa itinerante que achega a televisión aos teatros de todo o país, estrea nova temporada no Auditorio Municipal Ilduara, en Celanova. Serán dúas horas de humor cos mellores cómicos da escena galega como protagonistas, aos que se unirá como convidado especial o inimitable Manuel Manquiña. Neste programa, os espectadores comprobarán que a moda, ás veces, é un tanto peculiar; serán testemuñas da conversa entre dous peregrinos á metade do camiño; descubrirán a existencia dunha toupa na mesmísima Interpol e mesmo asistirán á mensaxe do Rei. Ademais, gozarán coas voces de Susana Sampedro e Paula Pier interpretando ‘Aí ven o maio’ e tamén da versión que Manuel Manquiña e Lucía Veiga fixeron da canción de The Doors ‘Gloria’. Marcos Pereiro, Federico Pérez, Lucía Veiga, Paula Pier, Marita Martínez, Oswaldo Digón, Susana Sampedro e Manuel Manquiña compoñen o elenco de actores e actrices que, liderados por Marta Doviro, levarán cada mércores o mellor humor desde as táboas á