Gravado no Auditorio da Sede Afundación de Pontevedra e baixo o título Love is in the Lerez, Xosé A. Touriñán acompaña os nosos actores e actrices habituais do programa. A música de cabaret e Paula Pier abren e dan a benvida ao programa coa versión da coñecida Wilkommen. Ademais, somos testemuña das confesións dunha muller nun confesionario; das relacións de amizade que se fan no hospital e ata dun encontro turístico moi popular.