Desde o Auditorio Municipal de Melide, e baixo o título "Pegadas e camiño", Isabel Blanco únese ao elenco habitual de Malo Será!, nun programa no que contamos de novo coa parella formada por Ermitas e Ovidio, xa habituais do formato, que nesta ocasión asisten a clases de natación. Tamén asistimos ao programa de entrevistas da presentadora Rosa Susana e somos tesmuña dun roubo con truco e mesmo da confrontación de dous soldados inimigos parapetados nas trincheiras.