O reporteiro Javi Rocha presentará os irmáns Romero, a parella de cantantes masculinos da Cinema. Raúl, o maior, é soldador e ademais de liderar a dianteira da orquestra, encárgase das estruturas móbiles do escenario. Por outro lado, a reporteira Patri Santana irá de compras cos integrantes da New York, unha orquestra tan noviña coma os seus integrantes. Fundada no 2015, é unha formación que aposta forte polo espectáculo de baile e moita diversión.