O reporteiro Javi Rocha acompañará a Olympus no backstage dunha actuación moi vangardista. Os de Negreira, sempre na última en canto a tecnoloxía, gravarán un vídeo en 360º para amosarlle ao seu público unha experiencia de realidade virtual.Por outra parte, Patri Santana será a encargada de visitar o cuartel xeral de Claxxon, unha formación masculina que soa a rock e que neste 2017 presenta moitas caras novas.