A primeira delas conta con 17 anos de experiencia sobre os escenarios. A Marbella é unha das orquestras imprescindibles de Galicia e unha das que mais actuacións realiza durante todo o ano. A reporteira Patri Santana acompañará a súa dianteira nunha esgotadora xornada que inclúe sesión de fotos e unha partida aos bolos.Por outra parte, ao reporteiro Javi Rocha, tocaralle estar coa Costa Dorada na gravación do seu novo vídeo musical. Unha boa ocasión para falar co seu cantante Dani Moreiras, todo un fenómeno nas redes sociais coas súas parodias galegas dos éxitos musicais do momento.