No programa “+Pachanga” da Televisión de Galicia é a quenda dunha orquestra noviña e dunha veterana, pero as dúas con moita personalidade, como é o caso de La Fórmula e da Charleston Big Band.Pese a súa recente formación, con só tres anos de historia, La Fórmula afronta esta tempada cunha renovación total na súa dianteira. O reporteiro Javi Rocha aproveita un ensaio para coñecer estas caras novas e tamén descubrir que esta remuda favoreceu o reencontro de dous irmáns cubanos, considerados os mellores saxofonistas da verbena galega.Na segunda parte, Patri Santana descobre que a Charleston Big Band de Padrón prepara un novo disco. Tamén eles afrontan o verán 2017 con caras novas e moita ilusión. Ademais, xunto ao historiador e experto en verbena, Daniel Seijas, o programa lembra aqueles tempos en que a gran voz da Charleston foi Enzo Fernando.