“Luar” recibe a visita de Xosé Manuel Piñeiro, presentador de “Bamboleo” da Televisión de Galicia e de“Sesión Vermú” da Radio Galega, e ex-membro do xurado de '"Recantos", que na súa faceta de cantante, presenta dúas novas cancións: “Para Vigo eu vou” e “En pé”, coincidindo co aniversario dos seus 25 anos de traballo na pequena pantalla, onde comezou a súa andaina co programa “Supermartes”. Xosé Ramón Gayoso tamén está acompañado da cantante Lorena Gómez, coñecida polo seu paso por varios talents shows, e que interpretará o seu novo sinxelo “Indomable”. Coma cada venres, non falta a música tradicional galega da man da Banda de Música de Ordes, o grupo Abóbriga e o cantautor Manolo Couto. Tamén podemos ver a actuación da orquestra Mar Davila Grupo e o espectáculo circense de Aimé Morales. Coñecemos as mulleres youtubeiras de “Teño unha horta en San Sadurniño”, un proxecto que naceu coa idea de promover a creación dixital entre as persoas de máis idade e por en marcha unha canle en you