“Luar” celebra este venres todo un clásico do programa cada verán: a décima edición de “Miss Vaca”, un singular concurso co que pasarán polo espazo da TVG os mellores exemplares das catro provincias galegas, con desfiles incluídos, e ao final da noite proclamarase a gañadora, cun premio en metálico para o seu dono. Tamén estará no “Luar” deste venres o divertido trío Las Supremas de Móstoles, que animarán o público e a audiencia cos seus temas pegadizos e cargados de humor. En pleno Mundial, cantarán esta noite “No sé lo que tiene el fútbol”. Ademais, o espazo presentado por Xosé Ramón Gayoso e María Mera contará coa presenza de Luís Queimada, fundador do conxunto Queimada, un grupo co que lle deu renda solta ao seu gusto polo pop melódico e The Beatles. Posteriormente, iniciou a súa carreira en solitario, que deixou EP en que se achega á psicodelia e unha gran cantidade de novos traballos noutros rexistros. As actuacións musicais desta noite complétanse coa Banda de Música do Barco