O programa conta coa actuación de Valderrama, un artista que está a construír a súa propia obra sen deixar de lado a tradición da que é herdeiro, como fillo dunha das parellas artísticas máis emblemáticas do noso país: Juanito Valderrama e Dolores Abril. Luar tamén ofrece o divertido show Diva´s Disco, un espectáculo aderezado con baile, humor e glamour, onde o innegable carisma e presenza da cantante catalá Roser comparte protagonismo coas grandes cancións da época dorada da música disco. A Banda de Gaitas Manxadoira, a agrupación cántabra Virgen del Campo, a orquestra Finisterre, a rondalla Estrelecer, a A.F. Rosalía de Castro de Cacheiras, a formación A Subela de Foz e a orquestra O Fiadeiro completan o cartel de acutacións dun “Luar” que tamén conta co humor de Moncho Borrajo. Finalmente, no concurso “Recantos”, enfrontan as súas voces María Vidal, procedente de Ordes, e Leshka, representante da comarca Terras de Lugo.