Luar finaliza a súa vixésimo cuarta tempada cunha celebración por todo o alto, cun repaso ás actuacións de artistas recoñecidos que pasaron polo programa, coma os ex de Operación Triunfo Chenoa, Bustamante e Soraya, invitada habitual do programa e que canta en portugués “Havemos de ir a Viana”. Antonio Orozco, pola súa banda, aparece na primeira parte, interpretando “Mi héroe”. Raphael e Mónica Naranjo, artistas consolidados do panorama nacional, tamén están no “Luar”. O cantante interpretará “Mi gran noche” e a artista catalá canta “Jamás”.  A aposta máis xuvenil ofrécena os ídolos adolescentes Gemeliers, que cantan o seu éxito “No hay nadie como tú”, e Calum, o artista de La Voz Kids, co seu tema “Hey babe”. A banda internacional convidada é Morat. O grupo colombiano interpreta “Como te atreves”, a canción que arrasou este ano nas listas de éxitos. Coma sempre, o programa presentado por Gayoso déixalle un espazo a música galega. Donicelas interpretan “A rabieira” e a Banda de Gaita