“Luar” pecha por vacacións ata setembro e faino repasando as mellores actuacións da temporada. Así, podemos lembrar o paso polo programa de Miguel Bosé, Sergio Dalma, Marta Sánchez, Bustamante, Paloma San Basilio, Rosario, Al Bano, Alberto Cortez, El Langui, Andy y Lucas, cantando xunto ao Dúo Dinámico, Ismael Serrano xunto a Ruada e Luar na Lubre, Juan Pardo coa súa filla Lys, Abraham Mateo, Gemeliers e o neno Adrián Martín. Tampouco falta nesta despedida a música das mellores orquestras, nesta ocasión con La Fórmula, Los Satélites e La Nueva Phila.  A música galega vén da man do quinteto feminino Ialma, das agrupacións Cantares do Brión e A Regionalista e de Susana Seivane coa Banda Interxeracional. Ademais, cada colaborador do programa recomenda un sitio para visitar dentro de Galicia.