O concurso de baile tradicional “Vai de baile” volve a “Luar”. As parellas de bailaríns 'Arruadores de Compostela' e 'Os Foliadores de Lorient' estrean a sétima edición do certame que conta cun xurado de luxo formado por Chisco Feijoo, Montse Rivera e Cristian Silva, bailadores e mestres de baile. Os ritmos tradicionais seguen enchendo o escenario con dous gaiteiros internacionais, Xosé Manuel Budiño e Mercedes Peón, quen ademais de tocar e cantar pezas dos seus repertorios por separado se xuntan para interpretar un tema en que colaboraron “Aire do cruceiro”. O programa tamén conta coa actuación da banda de pop madrileño Atacados,  que situou a súa canción “Hasta que salga el sol” nas listas de éxito en España e América Latina. Nas voces de Tamara e Alberto Cortez, escoitamos cancións de sempre como “El gato que está triste y azul”, o éxito de Roberto Carlos versionado pola cantante andaluza, ou “El abuelo”, o tema máis emblemático da extensa discografía do cantautor. A orquestra Cap