Co eco de Eurovisión resoando aínda, “Luar” recibe a cantante Soraya, que representou a España no festival en 2009 e que fixo tamén as súas apostas sobre a polémica edición deste ano. A valenciana volve aos escenarios despois de ser nai co ritmo e a enerxía que a caracterizan.O programa conta tamén coa actuación de Banda Crebinsky, que ofrece un adianto do seu terceiro disco “Zirfus Affe”, a piques de saír ao mercado. A formación, de son ecléctico e liderada polo músico e cineasta Enrique Otero, interpreta “Punto de partida” como mostra dun traballo con once temas nos que exploran en ritmos árabes e con letras en galego.  O grupo A Roda, que acaba de editar un álbum para celebrar os corenta anos da formación orixinal, visita tamén o programa, no cal a música e o baile tradicional  terán coma sempre unha representación nutrida. Ao escenario soben Fiadeiro, unha das mellores agrupacións de Galicia, e Tanxugueiras, un grupo de pandeireteiras de Teo e Ribeira que hai unhas semanas revoluci