“Luar” recibe a cantante Shaila Dúrcal, que está a promover en España o seu sinxelo “Que importa”; a fadista portuguesa Ana Moura; e A Banda da Loba, quinteto feminino compostelán que debuta co disco “Bailando as rúas”. Nel, letras de célebres plumas da literatura galega, como Celso Emilio Ferreiro e Manuel María, de autoras contemporáneas como Celia Parra ou Rosalía Fernández Rial ou das propias integrantes do grupo alíanse con ritmos tan variados coma o rock, o pop, o country e o blues nun disco integramente en galego. Desde Asturia chega o grupo Muyeres, que reivindica a variada música de percusión do Principado e o papel da muller como protagonista e depositaria da tradición musical asturiana. Tamén actúan a Banda de Música Cultural de Salceda xunto a Suso Vaamonde, a orquestra Marbella, a agrupación cántabra Rabelistas Campurrianos e o gañador da última edición do concurso “Recantos”, Antonio Barros. Volve o certame “Vai de Baile”, que durante as vindeiras semanas buscará a mel