Sergio Dalma visita Luar tras publicar a terceira entrega de “Vía Dalma”, a saga de discos de versións de clásicos italianos que se converteron en supervendas. Dalma interpreta cancións míticas como “Este amor no se toca” e “Será porque te amo”. Outra artista convidada é Yurena, que estrea o sinxelo “Please don´t go” como arranque dunha nova era. Con este tema melódico, que lembra o estilo musical dos 80, a cantante continúa a apostar pola música de baile. “Luar” ofrece as actuacións de The Lákazans, que están de volta despois de dous anos cun novo traballo, “Sandwina”; e da banda de rock melidense Cuarta Xusta, que incorpora o violín no medio de guitarras, baixo e batería. O cartel de actuacións complétase con Os Campantes da Baña, que, como se dunha murga de comezos do século XX se tratase, interpreta melodías recollidas por toda Galicia; a orquestra Palladium, a Agrupación Folclórica Abiñadoira e Manteos y Monteras, unha formación folclórica zamorana. No tempo de “Recantos”, que