Sergio Dalma vén a “Luar” a promocionar a terceira entrega de “Vía Dalma”, a saga de discos de versións de clásicos italianos que se converteron en supervendas. Neste álbum xúntanse cancións míticas como “Volare”, “Solo tú” e “Este amor no se toca”. Tamén acode ao programa a gaiteira Susana Seivane, que está a piques de lanzar o seu quinto álbum, que recolle os sentimentos do embarazo e a maternidade. Posiblemente, o disco máis intimista da gaiteira, creado para nenos e non tan nenos, pais e fillos de todas as idades. O cartel complétase con Manolito El Pescador, a orquestra Miramar, o grupo de música tradicional de As vozes de Manhouce, a formación xuvenil Os Nenos da Vella, a Banda Folk de Ribas de Sil, o grupo Os Quenindiole e os gaiteiros de Os Terribles de Donas e Os de Algures. No concurso “Recantos”, é a quenda de Borja Fuentes, representante da Terra Chá, e Ariadna Moore, procedente da Costa da Morte.