O “Luar” deste venres centra a súa temática na “Semana coa Infancia” que desenvolve a CRTVG en apoio a UNICEF. O espazo presentado por Xosé R. Gayoso ten como convidada especial a Lucía Regueiro, que é a embaixadora de UNICEF no programa. Outro artista convidado é Sergio Dalma, que está a presentar novo disco: “Dalma”. Tras máis de dúas décadas de carreira musical, Sergio Dalma publicou un álbum que se achega un pouco máis ao pop e se afasta das baladas que o fixeron entrar nas listas de éxitos. Tamén actúa a cantante cordobesa India Martínez, unha das voces máis potentes do flamenco pop dos últimos anos. A artista xa leva sete álbums de estudio as súas costas e colaboracións con cantantes como Prince Royce, Enrique Iglesias, David Bisbal ou Abel Pintos.  Sumándose á campaña de UNICEF, participan en Luar David Amor, Terio Carrera e Benigno Campos. Ademais, tamén se soben ao escenario a fadista Ana Moura e as agrupacións galegas A Volta do Agro e Cantigas da Terra.  Na sección “Leña