Rosario presenta en Luar o seu último disco “Gloria a ti” inspirado na súa nai, Lola Flores, e intrepreta a cación que lle dá título ao album, ademais de “Por un beso tuyo” e “Ay mamasota”. O disco conta cun tema inédito de seu irmán Antonio Flores, e con colaboracións de artistas como Leiva e o cubano Descemer Bueno. Tamén actúan no programa o cantautor Ismael Serrano e o grupo de folk galego Luar na Lubre, que interpretan un tema xuntos, e a Rondalla de Santa Eulalia de Mos, que se fixo popular nas redes sociais pola súa versión do tema “Thunderstruck” de AC/DC. A música tradicional galega vén representada polas Pandeireteiras Xaviñanas, a Coral de Ruada e o Grupo de Baile Adaíl. Ademais, o humorista Moncho Borrajo regresa cun monólogo en directo e Pablo Carpintero, na súa sección de músicas de fóra de Galicia,  presenta a Asociación Cultural Contrarronda de Salamanca. Na sección “Leña á ferreña”, presentada por Pile Alonso, compiten Patricia Sánchez e Margarita Varela. “Recantos” c