Rosario Flores inerpreta en Luar temas do seu último disco 'Gloria a Ti', o seu traballo máis flamenco, repleto de referencias e dedicatorias á súa nai Lola Flores, ao seu irmán Antonio Flores e ao tamén finado Manolo Tena. Tamén vén ao programa o cantante Raúl, que canta, entre outras, 'Me hace falta tu amor', unha das súas últimas propostas artísticas. Seguindo cos ritmos latinos, a orquestra Charleston Big Band fai gozar tamén a todo o público e espectadores co seu balbordo.  A música da terra está presente nas actuacións da Coral Costa da Morte, Atalaia de Laxe e Voces Brancas de Cee; dos pandeireteiros Os Charangheiros, da localidade coruñesa de Ames; de Adaíl de San Xoán de Calo; de Brigan e Davide Salvado; do grupo Chingla; da agrupación de música e baile tradicional Rebulir, de Ramirás, en Ourense; do ex-recanteiro Guisande, e do grupo Charamuscas. As actuacións complétanse co conxunto Mariachi Mezcal, formado por músicos cunha longa traxectoria e cuxo referente é México, e c