O programa recibe a visita da cantante granadina Rosa, que presenta o seu novo disco, “Kairós”, un paso adiante na súa carreira. Tras cinco anos de silencio, publica un traballo que exalta a superación e está cheo de positividade. Tamén volve a Luar Budiño, un artista que enraíza a súa música na tradición galega mesturada sutilmente cos sons máis contemporáneos. O gaiteiro moañés levou as súas composicións por todo o planeta e este ano realizou unha xira polo 20º aniversario de “Paralaia”, o seu mítico álbum debut. Ademais, pasa polo escenario a banda de indie pop viguesa Eladio y Los Seres Queridos, que en novembro publicará o quinto disco da súa carreira, baixo o título “Historias de caza”, un traballo que ten como adianto o sinxelo “Algún iluminado”. Outra actuación é a de Tanto nos Ten, grupo que emprega no seu repertorio músicas e letras propias e do saber popular, retranqueiras, de escarnio e comprometidas co país e que, xunto ás muiñeiras, pasodobres, foliadas, rumbas e outros