Programa solidario, dedicado a apoiar a campaña “Contra a pobreza infantil, apadriña”, de Axuda en acción. Xunto con Xosé Ramón Gayoso, sóbense ao escenario rostros coñecidos da TVG, como os presentadores Marga Pazos e Terio Carrera ou a actriz Lucía Regueiro, para animar os espectadores a chamar por teléfono e apadriñar a nenos e nenas que viven en condicións de pobreza extrema en todo o mundo.  A artista convidada é a soprano internacional Ainhoa Arteta, quen amosa a versatilidade da súa voz que lle permite combinar as actuacións operísticas con recitais e concertos en que interpreta coidados repertorios de cancións españolas e francesas modernas.  Tamén actúan a cantante e violonchelista Rosa Cedrón e o músico e estudoso do folclore tradicional galego Xabier Díaz , a quen acompañan Adufeiras de Salitre. As pandeireteiras colaboran nas cancións do seu último álbum “The tambourine man”, en que reinterpreta, desde un enfoque contemporáneo, a música tradicional. Ademais, o grupo de v