O programa é o escenario da entrega dos Premios de Gastronomía de Galicia e dos Premios Nacionais de Periodismo Gastronómico. Galardóns que recoñecen profesionais e empresas do mundo da gastronomía e mais os mellores traballos de difusión neste ámbito. No apartado musical, Luar conta coas actuacións de Luis Emilio Batallán e o grupo A Roda. O cantautor compostelán visita o programa  para interpretar “Quen poidera namorala”, un dos temas máis coñecidos do seu mítico disco “Aí vén o maio”,  que foi publicado hai corenta anos e que aínda ten o récord de vendas da música en galego, pero tamén presenta unha canción do seu novo traballo titulado “29 e 70” en que cambia o rexistro incorporando ritmos clásicos latinos. Pola súa parte, A Roda lembra temas do seu repertorio que se teñen convertido en himnos como “Pousa, pousa” ou “Miudiño”. As agrupacións musicais de Lalín teñen un protagonismo especial nesta edición de “Luar”. Así, ademais do propio Luis Emilio Batallán, que ten unha estreita