“Luar” réndelle homenaxe a Juan Pardo, coa presenza da súa filla Lys e con outros artistas que interpretan cancións do cantante galego: Mar Davila, Xil Ríos, Xosé Manuel Piñeiro, Tania Fuegho, Manuel Deandrade, Guillermo Castro, Julia Lascu, e os ex-recanteiros Antonio Barros, Marietta, Ruth Cundíns e Maite.  O programa tamén recibe a Pasión Vega, que está a presentar o seu novo disco '40 quilates'. Nos temas deste traballo, a artista malagueña expresa a súa madurez e experiencia adquirida nos máis de 20 anos de carreira. Pasa por Luar o mítico grupo español Los Brincos, do que forma parte Miguel Morales, irmán de Junior, e do que xa non queda ningún dos seus membros fundadores. A banda encóntrase en plena xira por toda España.As actuacións desta noite complétanse co baile tradicional de Ultreia, coa danza de Firefeathers, cos Pandeireteiros do Forrollo e cunha nova edición do certame ‘Vai de Baile’, en que se enfrontan coa mellor das súas artes Repichoqueiros de Teixeiro e Xibreiros