“Luar” recibe a Paloma San Basilio, unha das cantantes españolas máis emblemáticas, que conta con máis de 40 anos de carreira e 33 discos publicados, a maioría dos cales foron ouro e platino, e obtivo algúns dos galardóns máis relevantes do mundo do disco e o espectáculo. Tamén actúa o dúo feminino de reguetón K-Narias, que, tras éxitos coma “Mujeres” ou “No te vistas que no vas”, as xemelgas volven máis fortes ca nunca co seu novo sinxelo, “Indiferencia”. Con cinco producións no mercado ás súas costas, o seu último traballo conseguiu ser disco de ouro. Sempre comprometidas e concienciadas coa sociedade, están moi sensibilizadas e implicadas na defensa e o empoderamento da muller, que tratan de incorporar en todos os seus temas. O espazo presentado por Xosé Ramón Gayoso e María Mera tamén ofrece a actuación de Pistones, grupo da chamada movida madrileña e un dos referentes do pop-rock español. A mítica banda dos 80 volve polo seu 35 aniversario. Ademais, pasan polo programa Treixadur